lunes, 19 de octubre de 2009

Un día

fAgo...
facemos...



Un día na cidade... un día sen bergoña andando, paseando, preguntando, buscan, atopando... Un día sen dirección, con preocupación por facer todo o percorrido que tes marcado no mapa da cidade... Un día no que predomina o estrés con lentitude.
Ata agora todo xiraba entorno o metro... pero decidimos ir en bus urbán para poder ver máis monumentos... foi un erro xa que logo tivémonos que baixar para poder ir máis axiña os lugares de culto: a catedral de tal, o museo de cual... para darnos o final de conta... é frenética-bonita e que os de alí nin miran, nin disfrutan dela; só corren por ela pendentes do seu traballo, vendo xente e máis xente...



(...sen saber o que se perden levantando a testa).

viernes, 16 de octubre de 2009

Escaleira en espiral

fAgo...
facemos...


Como unha escaleira subimos ascendendo, chegando ata unha nova porta ou tellado co fin de ver máis alá do ceo.
Non podo imaxinar canto de bonito hai tra-las escaleiras que percorren a espiral deste caracol que non cansan a vista senón que cegan co seu longo traxecto ata o fin...